Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela detecta que se fixeron obras sen licencia municipal nun establecemento comercial

Nota de Prensa

O GMPP afirma que se fixeron obras sen licencia municipal nun establecemento comercial vinculado coa muller de González Legaspi.

Os populares piden acceso ó expediente administrativo.

Consideran que “o alcalde é o responsable directo de tal situación”.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela presentou antonte luns no rexistro do concello de Burela un escrito solicitando o acceso ó expediente de concesión de licencia de obra para un establecemento comercial, licencia solicitada pola muller do concelleiro nacionalista José González Legaspi. O escrito de petición de licencia entrou no concello o pasado día nove de agosto, e fai mención a obras a realizar no establecemento comercial denominado “Brianda moda”, para a colocación de pladur, etc. Os populares aseguran que no interior se estiveron a facer obras durante a semana pasada, co que se está a incumplir a ordenanza municipal ó respecto, que indica claramente que a licencia de obra é preceptiva para o comenzo das mesmas, e mentres non esteña concedida as obras non poden comenzar. A licencia de obra ainda estaba sen conceder antonte, luns, o mesmo día que o GMPP presentou o escrito no concello.

Para o GMPP, os membros da corporación son os primeiros que teñen que dar exemplo en todo. Poderíase entender que un cidadán normal actúe por descoñecemento, pero este non é o caso. Polo tanto, se a un cidadán de a pé se lle pide que actúe consonte á normativa legal vixente, con máis motivo lle hai que pedir o mesmo a un membro da corporación.

Os populares consideran que o responsable directo desta situación  é o alcalde, porque se quere aguantar o bigoberno tén que tragar o que ninguén tragaría. Ademais, o alcalde tívose que enterar do que estaba pasando, porque, por un lado, el pasa a miudo por cerca do local en cuestión, e tivo que ver o contenedor de obra que había fronte ó mesmo; e por outro, é o alcalde quen asina o decreto de concesión de licencia. Asi que, como cego non é, non queda outra conclusión que decir que “non é cego que non ve, senón quen non quere ver”, ou sexa, que o alcalde ou non se entera ou non se quere enterar, ou as dúas cousas ó mesmo tempo, o que realmente é preocupante.

Os populares confían en que o alcalde non retrase a entrega desta documentación  ó GMPP. É máis, pídenlle ó alcalde que explique o porqué se deixou facer obra nese local  comercial sen ter concedida a correspondente licencia e se esta forma de proceder se pode aplicar a calquera cidadán.

Exit mobile version