Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela anuncia que a Xunta solicitou licencia de obra para o tellado e a rampa do Hospital da Costa

Nota de Prensa

O PP de Burela afirma que a Xunta solicitou licencia de obra para o tellado e a rampa do Hospital da Costa.

Os populares afirman que o concello burelés recaudará trece mil euros.

Consideran que o alcalde é sectario porque oculta información importante para os cidadáns.

O Partido Popular de Burela anunciou hoxe que o pasado luns día nove a Xunta de Goberno do concello de Burela concedeu licencia de obra para o cambio de cuberta e renovación da rampa do Hospital de Burela, a petición da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, cun importe de practicamente catrocentos cincuenta mil euros, o que significa que a empresa adxudicataria abonará ó concello de Burela en concepto da taxa por licencia urbanística e polo imposto de construccións trece mil euros.

Para o PP de Burela, esta noticia confirma o que moitos decimos, que a Xunta aposta polo Hospital da Costa, e rexeita o que poucos sosteñen, que se desmantela o hospital. Pero ademais pón en evidencia ó alcalde e á tenente de alcalde de Burela, ámbolos dous membros recoñecidos defensores da merma de servicios do Hospital, pero que calan a boca cando a Xunta solicita licencia de obra, da que se vai beneficiar o conxunto de cidadáns da Mariña, pero singularmente os cidadáns deste concello, xa que supón sen lugar a dúbidas a contía máis alta pagada no que vai de ano por licencia de obra, e polo que representará de mantemento de postos de traballo na empresa adxudicataria da obra.

Resulta impresentable que un alcalde silencie obras que vai facer unha administración no seu concello. Resulta impresentable que o alcalde ataque sistematicamente á Xunta cando resulta que é a administración inversora por excelencia no noso concello. Resulta impresentable que un alcalde actúe con semellante sectarismo, ocultando información ós cidadáns. Hai dez días que se concedeu tal licencia de obra e o alcalde non dixo nada ó respecto. Polo tanto, só cabe calificar o comportamento do alcalde de sectario, e de buscar solamente o enfrontamento coa Xunta para tentar sacar rédito político. Por eso é bon que se saiba na Mariña cal é a catadura deste personaxe, que xa coñecemos dabondo en Burela.

Desde o PP, pedímoslle ó alcalde que actúe con elegancia e con responsabilidade institucional, recoñecendo o traballo que está a facer a Xunta, e que en ningún caso oculte información ós cidadáns deste concello, que xa comenzan a estar fartos da desfachatez e falta de seriedade da persona que leva trinta e nove meses de alcalde sen presentar un só proxecto serio e de futuro para o noso concello.

Exit mobile version