Nota de Prensa
Barreiro: “a actitude de Blanco é unha burla a todos os lucenses que non ten precedentes”
* O presidente dos populares lucenses acusa ó titular de Fomento de “improvisar” as súas decisións e de evitar dar explicacións “reais” das consecuencias da “reprogramación” que imporá no seu ministerio
* Aclara que a Xunta adicou xa 30 millóns de euros ó Corredor da Costa, coa licitación do tramo San Cibrao-Barreiros, fronte ós 0 euros investidos polo seu ministerio
Lugo, a 13 de agosto de 2010.- O presidente do Partido Popular de Lugo acusou ó titular de Fomento de “improvisar” os recortes orzamentarios que imporá no seu ministerio e alertou das consecuencias que para a provincia de Lugo conlevará a súa “política errática”.
José Manuel Barreiro explicou que os constantes cambios de rumbo do
Goberno socialista están a xerando “desconfianza e unha inestabilidade engadida á que xa de por si está a provocar a crise económica”.
O líder dos populares lucenses pregúntase que clase de cálculos realiza o ministerio de Fomento para un “día anunciar recortes drásticos que ocasionan a retirada inmediata das empresas das obras en execución e outro, despois de que xa culminara o proceso de desmantelamento da maquinaria e mesmo de que se concretara o despido de moitos traballadores, faga un dos seus habituais brindes ó sol e tente reencauzar a situación aludindo a unha suposta reanudación das obras aínda, que coma sempre fai, sen explicar os pormenores”.
Para Barreiro a actitude de Blanco só pode calificarse coma unha “burla” a todos os lucenses e insta ó titular de Fomento a que explique os argumentos que avalan o feito de calificar a A-8 coma unha obra de “singular importancia” e que sen embargo outras actuacións, igualmente estratéxicas e vitais para o desenvolvemento e a vertebración da provincia de Lugo, como poden ser, entre outras, as autovías a Santiago ou a Ourense, non reciban tal consideración.
O presidente do PPdeLugo insistiu en que “as idas e vidas” dos criterios de José Blanco denotan a “a súa falta de rigor” e a “total ausencia de seriedade e de valor da súa palabra”. “Dicía que o seu paso polo ministerio íase notar en Lugo e efectivamente os feitos así o demostran pero para mal. O agravio do que está a ser obxecto a nosa provincia non ten precedentes”, apuntillou.
Barreiro tamén criticou que o responsable de Fomento, “elexido diputado por Lugo”, leve tres meses evitando dar explicacións “concretas” sobre a verdadeira afectación dos recortes orzamentarios no seu ministerio. “Paraliza obras e esquiva, unha e outra vez, aclarar a repercusión real da súa reprogramación. Agora di que haberá que agardar ós orzamentos de 2011 para constatar a intensidade do agravio do que está a ser obxecto a nosa provincia”, engadiu.
Asimesmo calificou de “desvergonzado” a Blanco por retar ó presidente da Xunta a que diga cándo vai rematar a VAC San Cibrao-Ferrol. “No tramo desta estrada que é competencia estatal neste momento non hai absolutamente nada licitado. Os orzamentos deste ano prevían de feito unha partida de só 10.000 euros para esta obra. A Xunta de Galicia, pola contra, adxudicou o tramo San Cibrao-Barreiros por importe de 30 millóns de euros. O balanzo é abrumador: 30 millóns de euros fronte a 0 euros”, aseverou.