Nota de Prensa
O GPPP afirma que a Deputación bipartita non foi capaz de poñer nin un só novo parque empresarial en marcha.
* González Barcia: “así, nin se axuda a crear emprego nin se vertebra a provincia”.
* voceiro adxunto dos populares asegura que todas as actuacións en marcha veñen da época do PP.
Lugo, 17 de agosto de 2010: O GPPP afirmou hoxe que a Deputación bipartita carece de compromiso real cos concellos para axudar a crear emprego, porque en tres anos non foron capaces a poner en marcha nin un só parque empresarial. É máis, o bipartito provincial non incluiu nas súas previsións ninguna actuación nova.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirmou que “todas as previsións que manexa o bipartito veñen da época anterior, de cando gobernou o PP, correspondentes ós anos 2006 e 2007”. Barcia asegurou que algúns parques empresariais, coma o de Friol, están exactamente igual que estaban hai tres anos; no caso de Friol, e pese ó interese do alcalde, e sendo o primeiro parque iniciado por SUPLUSA, ainda non se soterrou a liña eléctrica. Tanto é así, que o investimento do bipartito provincial no parque de Friol é igual a cero. Outro caso citado por González Barcia foi o de Paradela: “un parque empresarial pendiente dunha vía de comunicación que tén que facer a Deputación no propio polígono é que leva un retraso considerable; e aquí tamén o alcalde está día sí e día tamén pendiente de que se remate dunha vez por todas o polígono”.
Para Barcia, “a conclusión é obvia: así, nin se axuda a crear emprego, nin se axuda a vertebrar a provincia, a pesares de tanto anuncio e tanta retórica vacía. Os feitos son os que son, e as empresas que se queiran asentar en parques empresariais xestionados por SUPLUSA lévano crudo”.
Os populares consideran que a Deputación non pode presumir de nada neste campo, porque pouco ou nada fixo. “A vagancia do presidente está propiciando que, en momentos de crise económica como os que vivimos, non se poida xenerar emprego de calidade e asentar poboación, porque as empresas ven que os polígonos de SUPLUSA non arrancan por falla de iniciativa política”, concluiu González Barcia.