Site icon Crónica3.com A Mariña

O paro minguou en 334 persoas na Mariña no mes de xullo

A MARIÑA .- Segundo os datos do Observatorio do Paro da Asociación Impulso Pacto Territorial de Emprego A Mariña, o paro, no conxunto de concellos do Pacto Territorial, minguou en 334 persoas no derradeiro mes, o que se traduce nun descenso porcentual do 8,19%.
Na provincia de Lugo e en Galicia tamén descendeu o paro masculino e o feminino, pero as súas porcentaxes de descenso son inferiores as do conxunto de concellos do Pacto Territorial.
O Observatorio do Paro abrangue o territorio dos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela.

Exit mobile version