Nota de Prensa
O CONCELLO CONTRATA A PROFESORES/AS PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO.
Ribadeo, 19 de agosto de 2010. O Concello contrata a profesores/as para a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Será a tempo parcial e pola modalidade de obra ou servizo determinado ata o 30 de xuño de 2011. As asignaturas a impartir son: oboe/fagot, metal agudo, metal grave, danza/ballet, violín/viola, violonchelo/contrabaixo, gaita, acordeón e canto.
Entre os requisitos que se esixen figuran cumprilos de nacionalidade, idade e capacidade funcional previstos nos artigos 56 e seguintes do Estatuto Básico do Empregado Público así como estar en posesión da titulación correspondente ao grao medio de música ou danza ou de calqueira das titulacións sinaladas na circular 12/2006 pola que se establecen as titulacións que deberá posuir o profesorado que imparta a docencia nas Escolas de Música e de Danza de Galicia. Valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados; o coñecemento do idioma galego; as titulacións académicas de nivel superior distintas e independentes da requerida na convocatoria de acceso, computándose únicamente o título de maior nivel dos alegados e tamén os méritos xustificados documentalmente como cursos de posgrado, publicacións, gravacións, actuacións, etc…
A solicitude e documentación pode presentarse ata as 14 horas do 30 de agosto de 2010 no rexistro xeral de entrada e as probas e selección terán lugar o 6 de setembro ás 10 da mañá na Casa do Concello.