Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo colabora co club Medela MTB na primeira ruta en bicicleta de montaña

Nota de Prensa

O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO CLUB CICLISTA “MEDELA MTB” NA ORGANIZACIÓN DA PRIMEIRA RUTA DE MOUNTAIN BIKE POLO MUNICIPIO

Cervo, 26 de agosto de 2010.- O Concello de Cervo colaborará co club ciclista “Medela MTB” de San Ciprián na primeira edición da ruta cicloturista en bicicleta de montaña polo concello de Cervo que terá lugar o vindeiro domingo, 29 de agosto.

Para o concelleiro de deportes, Rubén Fernández, esta iniciativa posta en marcha polo club “Medela MTB” pon de manifesto o paulatino aumento de afeccionados no concello á práctica desta actividade que combina o deporte co goce da natureza. “Por iso, o Concello de Cervo está moi contento de colaborar e de botar unha man aos organizadores en todo o que poidamos para que esta primeira ruta de mountain bike sexa un éxito” sinalou Fernández.

A proba dará comezo ás 15.00 horas nas inmediacións da piscina municipal de Lieiro e percorrerá unha distancia de 39 quilómetros de dificultade media.

Exit mobile version