Nota de prensa:
A CONCELLARÍA DE EMPREGO DE BURELA PRESENTOU O NOVO CARTEL DO BANCO DE TEMPO. SONIA FRAGA AGRADECE O TRABALLO DOS SOCIOS-VOLUNTARIOS E ANIMA Á XENTE A COÑECER ESTE SERVIZO.
Burela, 27 de agosto de 2010. A Concellaría de Emprego de Burela ven de presentar o novo cartel do banco de tempo. A edil Sonia Fraga lembra que “o servizo leva xa tres anos funcionando e a medida que pasa o tempo vai medrando en xente partícipe como socios-voluntarios e tamén en actividades. Agora neste mes de setembro iremos avanzando na presentación das actividades programadas para este novo período”.
A concelleira socialista agradece “a toda esta xente que de forma voluntaria fai que este servizo teña vida dentro do noso concello, xa que sin eles non sería posible. E tamén quero aproveitar para animar a que a xente se siga sumando a esta cadea humana que tan ben está a resultar á hora de conseguir o obxectivo primordial deste servizo, que é o intercambio de tempo e actividades de cada un de nós de forma totalmente gratuita”.
Os encargados de presentar o novo cartel do banco de tempo foron a concelleira de Emprego, Sonia Fraga, e o alcalde, Alfredo Llano.