Nota de Prensa
REUNIÓN DA ESCOLA DO BURELA FS FEMININO, VENRES 27 (19.00 HORAS)
O vindeiro 27 de agosto, ás 19.00 horas, o CD Burela FS terá unha reunión informativa no salón de conferencias da vila cos pais/nais e nenas interesados na escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén, na que se valorará a creación das diferentes categorías.
Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o club laranxa abriu a matrícula da escola feminina 2010-11 o pasado 9 de agosto coa colaboración da capitá laranxa, Claudia Rodríguez, e a alumna da EDM Burela FS, Carla Bolaños, como protagonistas da campaña de difusión.
A escola do Burela FSF Pescados Rubén ten as súas portas abertas para todas as rapazas de entre 6 e 18 anos ás que lles guste o fútbol sala. As persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou mergullándose en www.burelafs.org. Teléfono de contacto: 982 58 18 15