Nota de Prensa
O CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA NATURAL DE A MAROSA ESTÁ LISTO PARA ACOLLER O PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA.
Burela, 30 de agosto de 2010. O campo de fútbol de herba natural de A Marosa está listo para acoller o primeiro partido de liga, segundo ven de informar o concelleiro de Obras.
Pascual Doménech sinalou que “despois de que o Concello de Burela optara pola instalación de planchas de céspede natural no campo de fútbol de A Marosa para repoñer zonas do terreo de xogo danadas durante a tempada pasada, a empresa encargada do proceso da súa instalación, comunicou hoxe que se encontra listo para que se dispute o primeiro partido de liga”.
O edil socialista explicou que “logo de valorar que a rexeneración con semillas se ía dilatar moito no tempo, debido a que se usou a instalación ata principios do mes de xullo, decidíuse a colocación de tepes de céspede natural xa que o seu proceso de instalación é instantáneo e minimiza as molestias que se podería causar ao clube”.
Doménech subliña que “agora mesmo presenta un aspecto perfecto, logo dun proceso que incluíu non só a instalación dos tepes de céspede, senón que se estivo controlando con abono e rego diario e xa se fixeron varios cortes de herba, non presentando nengún problema. Ademáis a zona do campo que non fixo falla rexenerar, coidouse e aplicouse un produto para combater a colonización de malas herbas, alcanzando un estado óptimo para o seu uso”.