Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén presentarase no Vista Alegre o venres fronte ao Cidade das Burgas

Clasificación copa de españa 2010 // partido de liga Furela FSF - Valladolid FSF(Foto: CD Burela FS)

Clasificación copa de españa 2010 // partido de liga Furela FSF-Valladolid fsf (Foto: CD Burela FS)

Nota de Prensa

O CADRO DE JAVIER PARDEIRO PRESÉNTASE O VENRES 20, EN VISTA ALEGRE, ANTE O CIDADE DAS BURGAS
O Burela FSF Pescados Rubén presentarase ante a bancada de Vista Alegre este venres, 20 de agosto, a partir das 21.00 horas, nun amigable fronte ao Cidade das Burgas, novo conxunto da División de Honra.

Este será o segundo encontro das pupilas de Javier Pardeiro coas ourensás en menos dunha semana. O primeiro foi o domingo pasado, na Semana Eypar de Melide, onde as laranxas se impuxeron por 2-1, con tantos de Ro e Cuchi.

Entre as citas de pretempada, o equipo burelista tamén defenderá o título da Copa Galicia, na fase previa da vixésima edición, ante Valdetires Ferrol e Comarcal A Fervenza, da División de Prata.

JEAN CIVIDINI DESVINCÚLASE TEMPORALMENTE DAS OBRIGAS BURELISTAS POR MOTIVOS PERSOAIS
O pivote italo-brasileiro Jean Cividini non poderá participar nas vindeiras citas co equipo laranxa. O CD Burela FS deulle permiso para viaxar a Italia e desvincularse temporalmente das súas obrigas futbolísticas coa finalidade de que o xogador poida resolver os asuntos persoais que motivaron o regreso ao seu país.

Exit mobile version