Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF estrearse como visitante ante A Fervenza e recibirá o Valdetires en Vista Alegre

Nota de Prensa

O BURELA FSF DEFENDERÁ A COPA GALICIA ANTE O VALDETIRES E A FERVENZA

O Burela FSF Pescados Rubén xa coñece os seus primeiros rivais da XX Copa Galicia. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o título galego ante o Valdetires e A Fervenza, da División de Prata, na fase previa, que se disputará a partir do 15 de agosto.

Un total de nove equipos participarán na vixésima edición da Copa. Como vixente campioa, a escuadra laranxa encabeza o Grupo A. O B estará composto polo Ponte Ourense, Poio FS e CIOS Vigo e o C polo Cidade das Burgas FS, Leis Pontevedra e Viaxes Amarelle.

O sistema de liga será a unha volta e clasificaranse para a fase final, con data e sede aínda por determinar, os campións de cada grupo e o mellor segundo. Ao Burela FSF tocaralle estrearse como visitante ante A Fervenza, na primeira xornada, e recibirá o Valdetires en Vista Alegre, na terceira.

O 13 de setembro de 2009, o Burela FSF escribiu un dos capítulos máis importantes da súa historia impoñéndose na final da XIX Copa Galicia (Ourense) ao Cidade das Burgas (3-4), despois de vencer en semifinais ao Ponte Ourense por un contundente 0-6. O cadro de Javier Pardeiro chegará á Copa defendendo o título fronte ao renovado Ponte Ourense, que ostenta o cartel de gran favorito despois dos reforzos de verán para 2010-11.

N

Exit mobile version