Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insiste na denuncia de vertidos de augas residuais en Cervo no Camiño Real á altura do Muíño do Pernán

Nota de Prensa

O BNG INSISTE NA DENUNCIA DE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS EN CERVO NESTA OCASIÓN AO RÍO XUNCO

Os nacionalistas din que o alcalde comprometeuse a solucionar o problema cos veciños fai un ano e aínda están aí

O vertido prodúcese no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos á altura do Muíño do Pernán

Cervo, 19 de agosto de 2010. O BNG volveu denunciar a existencia dun vertido de augas residuais, nesta ocasión ao Río Xunco no Camiño Real que vai entre Sargadelos e Cervo á altura do Muíño do Pernan. Os nacionalistas indican que o alcalde, Alfonso Villares, comprometeuse cos veciños fai agora un ano a amañar  o problema e a situación segue igual un ano despois, evidentemente o goberno local non ten escusas para arranxar un problema que e da súa completa competencia e só se debe ao abandono e o incumprimento de funcións dos responsábeis municipais o mesmo que sucede co vertido da Caosa en San Cibrao.

Os veciños reclamaron solucións ao alcalde que se comprometeu a solucionalo fai un ano e aínda esta na mesma situación.

O BNG demandou do goberno local solucións a un vertido puntual de augas residuais ao Río Xunco ao seu paso por Cervo, “leva moito tempo verténdose no ría sen que o alcalde poña as solucións coas que se comprometeu cos veciños fai un ano”. Os nacionalistas sitúan o vertido no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos, á altura da ponte e Muíño do Pernán sendo visíbel a simple vista ademais de causar malos olores. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “estamos diante dun feito mais que demostra a deixadez e incumprimento de funcións do goberno local que non ofrece solucións aos problemas puntuais do concello”, Estúa engadiu ademais que “neste caso o alcalde comprometeuse cos veciños a solucionar o problema fai un ano e as cousas seguen como estaban”

Aquí  non valen as desculpas de mal pagador do alcalde ao igual que tampouco serven co vertido da Caosa en San Cibrao.

Os nacionalistas acusaron ao alcalde de “poñer escusas de mal pagador diante de problemas que son de competencia municipal.” Neste sentido Estúa “aclarou que os vertidos do Paseo da Caosa non se van solucionar coa nova rede xeral de saneamento xa que estamos falando dun vertido puntual nunha zona onde xa se executaron fai anos reposicións na rede local sen que se lle dera solución ao problema, polo que dixo que a competencia para localizar a procedencia do vertido e a súa solución e exclusivamente municipal”; afondando na contestación ao alcalde en relación ao vertido de San Cibrao, Estúa aclarou que as obras da rede xeral que se están executando en San Cibrao xa foron comprometidas polo PP no goberno autonómico no 2002 que non as executou, e quedaron en herdanza ao anterior goberno bipartito da Xunta que as derivou ao Ministerio de Medio Ambiente do Goberno do Estado que as está executando na actualidade.

A función do alcalde e poñer solución ao problemas, a da oposición denuncialos.

Por último os nacionalistas demandaron do goberno local e do alcalde en particular que non eluda as súas responsabilidades e poña solución aos vertidos residuais da Caosa e do Río Xunco e o faga con prontitude xa que tanto nun caso como noutro e evidente que “quen está a ir contra o pobo como di Villares, non e oposición que denuncia os problemas, e o alcalde que non pon as solucións no tempo e forma que debería”.

Exit mobile version