NOTA DE PRENSA:
O BNG DE VIVEIRO INTERÉSASE POLA SITUACIÓN EN QUE SE ATOPA A SOCIEDADE DE CAPITAL MUNICIPAL “TURVIVEIRO”
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro vaise interesar no próximo Pleno do Concello de Viveiro pola situación da empresa de capital municipal Turviveiro. Trátase de saber en que estado se apopa logo da última xunta xeral de accionistas, na cal se aprobaron as contas da mesma.
O BNG lembra que a sociedade ficou vacía de contido, logo dos últimos acontecementos, “ rescate da Piscina Municipal para o Concello” é as actuacións de Portos de Galiza que desembocaron na caducidade da concesión do Porto deportivo e a xestión do mesmo por parte de Portos de Galiza.
“Logo do acontecido nos últimos días, xa que logo o Sr. Roel anunciou na prensa a xestión da Piscina Municipal por parte do Xerente de Turviveiro, e a contratación dos antigos traballadores de Gaia por parte desta sociedade municipal, así como o investimento por parte do Concello de 75.000€, imos preguntar no vindeiro Pleno do Concello cal é a situación de Turviveiro, posto que en Pleno acordouse o rescate da Piscina Municipal para o Concello, deixando polo tanto sin efecto un acordo anterior de hai 10 anos polo xal se cedía a xestión da mesma a Turviveiro”
“Non ten sentido que se anuncie a xestión por parte dunha sociedade a cal se lle revocou a xestión da Piscina Municipal, unha sociedade que na prática está na “uvi” en nun estado moi crítico, total e absolutamente vacía de contido” afirmou Góas Basanta.
Estas afirmacións do BNG, foron compartidas por tódolos grupos políticos da Corporación de Viveiro – incluido o PSOE-, que sempre que se tratou un tema relacionado con Turviveiro, abogaron pola súa disolución.