Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros di que o concelleiro de Obras debe aproveitar mellor os recursos para manter a rede viaria

Nota de Prensa

O BNG DE BARREIROS CONSIDERA QUE O CONCELLEIRO DE OBRAS DEBE APROVEITAR DO MELLOR XEITO POSIBLE OS RECUSOS MATERIAIS E HUMANOS PARA MANTER EN BÓ ESTADO A EXTENSA REDE VIARIA LOCAL.
Barreiros, 1 de agosto de 2010. O BNG de Barreiros considera que o concelleiro de Obras debe aproveitar do mellor xeito posible os recursos materiais e humanos para manter en bó estado a extensa rede viaria local.
Desde o Bloque Nacionalista Galego apuntaron que “no pleno celebrado hai uns días o noso grupo pedíulle ao alcalde garantías de conservación da rede viaria local, unha vez rematen os tramos da autovía A-8 correspondentes a Barreiros. De todo o mundo é sabido que todas as empresas que están traballando nestas obras no noso concello provocan lóxicamente destrozos en moitos camiños e en moitas pistas municipais. Está claro que si queremos ter infraestructuras por algún lado teñen que pasar esas máquinas, pero o que lle pedimos ao Concello é que sexa implacable en conseguir que ao remate destas obras da autovía as empresas cumpran co prometido e que deixen toda a rede local que utilizaron en boas condicións”.
Os nacionalistas sinalan que “a rede viaria local de Barreiros está a atravesar a súa peor época, non só polos traballos da autovía senón polo mal mantemento que se fai desde o Concello, pola mala conservación que se fai e máxime cando parecía que ía ser todo o contrario ao poñerse ao inicio desta lexislatura a un concelleiro con adicación exclusiva para o tema das obras. Temos que lamentar, independentemente da boa intención que poida ter esta persoa, que os frutos non son os que se buscaban. Non o di o BNG dino os veciños de Barreiros que é a peor época das dúas últimas décadas para a rede viaria local”. Os concelleiros do grupo municipal do BNG poñen un exemplo, “estáse a facer un desbroce nas pistas, que a parte de facelo tarde porque xa tiña que estar empezado moito antes, non se fai nas debidas condicións aínda tendo o persoal que temos para facer a limpeza viaria creo que non se sabe aproveitar ben, porque tal e como din os veciños detrás desas máquinas que limpan as cunetas tería que ir persoal para deixar perfectamente listas esas zonas para que cando veña a auga poida pasar por aí e non por enriba das pistas que é como soe ocorrer. Desta conservación das cunetas depende en grande medida que despois esas pistas se manteñan ou non se manteñan”.
No BNG barreirense pensan que “a rede viaria non se trata coa atención que debería, despois é moi caro mantelo, porque tamén recoñecemos que Barreiros ten unha rede viaria moi grande, pero hai que facer un esforzo día a día, non acordarse no mes de xuño e pasar o tractor rápidamente que realmente non fai nada para deixar en bó estado as cunetas. De aí veñen os problemas porque non se atallan no momento oportuno. Hai que aproveitar os recursos humanos e materiais que ten o Concello, ésa é a misión que ten o concelleiro responsable de Obras, que entendemos que con boa intención o designaría para ese cargo o señor alcalde e non simplemente para ir pedir o voto en época electoral”.

Exit mobile version