Site icon Crónica3.com A Mariña

O Banco de Tempo de Burela inicia a nova tempada con páxina web e cursos para socios

NOTA DE PRENSA

O BANCO DE TEMPO, QUE INICIA A SÚA TERCEIRA TEMPORADA, PREPARA UNHA PÁXINA WEB E VARIOS CURSOS PARA OS SOCIOS.

Burela, 23 de agosto de 2010. O banco de tempo do Concello de Burela inicia a súa terceira temporada. A principios do vindeiro mes de setembro terá lugar unha xuntanza cos 14 socios para preparar o traballo e os intercambios de tempo que se realizarán.

Segundo anuncia a nova coordinadora do banco de tempo, Patricia Gómez, “queremos programar tamén algún curso de baile ou de ximnasia e estamos a traballar na elaboración da nosa páxina web. De todas as nosas actividades e encontros iremos informando ao longo dos vindeiros días para que os nosos 14 socios sexan coñecedores do que facemos e para que outras persoas interesadas se animen a formar parte do banco de tempo do Concello de Burela”.

Exit mobile version