O atleta olímpico galego David Cal foi recibido no Concello de Cervo polo alcalde Alfonso Villares. O palísta galego que está a piques de rematar a súa estadía de preparación realizada no encoro de Río Cobo, asinou no libro de honra do Concello e foi agasallado polos membros do grupo de Goberno local cunha figura institucional.