BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo un novo encontro con técnicos de Fomento para proceder á colocación de indicadores hacia Burela na saída da A-8 na Espiñeira e nas rotondas que hai entre ese treito e Foz. Eses carteis levarán tamén información sobre o Hospital da Costa, segundo anunciou o rexedor esta mañá.
Alfredo Llano contou que “nas últimas horas mantiven un encontro con técnicos de Fomento para estudiar a mellora da información na cartelería que parece nas estradas da zona, queremos que aparezcan datos suficientes e ven colocados indicando onde está o noso concello e tamén revisamos a variante de Burela e analizamos os danos causados polas riadas de xuño neste vial”.
O rexedor suliñou que “colocaremos á saída da autovía na Espiñeira un indicador hacia Burela e tamén nos parece moi importante que aí apareza información sobre o Hospital da Costa, para que a xente que poida vir con urxencias saiba ben cara onde se ten que dirixir. Inmediatamente despois nas rotondas hacia Foz tamén haberá cartelería sobre Burela e sobre o hospital. Queremos que todo o mundo saiba a cantos kilómetros nos atopamos ou onde están as nosas praias ou o patrimonio artístico e cultural que temos en Burela. Onte fixemos a ruta de Foz hacia Burela e a vindeira semana faremos o mesmo no tramo Viveiro-Burela”.
Cos técnicos de Fomento Alfredo Llano revisou tamén a variante de Burela, “xa se realizaron traballos de limpeza de canalizacións e estudio das posibles obras para mellorar as vertentes da auga. Vaise actuar de xeito inmediato, fixéronse cousas, pero ainda hai traballos pendentes para que non existan riscos en caso de que se produzan chuvias coma as do pasado mes de xuño”.
Feve
O presidente de Feve visitará Burela o vindeiro 11 de agosto. Con él o alcalde abordará “a mellora da estación do tren, os servizos de cercanías ou a posibilidade de que os tres turísticos de Feve fagan paradas de maior duración en Burela para coñecer mellor o noso pobo. Agardamos que as nosas propostas sexan atractivas tanto para o noso concello como para Feve”.