Nota de Prensa
Resposta ao PP
Llano referíuse tamén ás últimas críticas verquidas desde o PP local “coas que o único que tratan é de disimular os problemas que realmente preocupan en Burela, como son a falla de servizos que se está notando cada vez máis no hospital. Non se está facendo absolutamente nada a través do PP e da Xunta para que o hospital vaia para arriba, cando se ve que está pasando o contrario, que está indo moito para abaixo. E que mentras tanto o PP critique as obras do parque parece que é un pouco de infantilismo. Hai outras cuestións importantísimas para o noso concello, como o acceso ao porto, onde non se está dando presa ningunha o PP da Xunta para rematar dunha vez con esta obra, que é realmente importante para o noso concello. Sin embargo ao que se adican os populares é a mirar si hai luz ou non nalgún paseo, cando deberían estar traballando moito para que estes servizos sexan unha realidade no noso concello”.
O alcalde tamén manifestou que “están quitando moitísima cuantía en subvencións de servizos sociais a través da Xunta que se está notando xa no Concello, porque están quitando cantidades moi importantes que antes eran subvencionadas e agora xa non. Pero diso o PP local non di nada, segue insistindo nas obras do parque e criticando que non aluman algunhas bombillas, pero nos problemas importantes que afectan moito aos veciños os do PP pasan de traballar. Nós o que facemos é procurar, a través do plan E e doutro tipo de obras, ter todo o mellor posible, como xa se está notando, para que o noso concello sexa un atractivo non só para os que vivimos aquí senón tamén para os que veñen de fóra. De feito este ano notouse unha afluencia masiva nos nosos areais, restaurantes e rúas de visitantes, que pensan repetir. Esto significa que se están facendo as cousas ben”.