NOTA DE PRENSA
COMEZAN AS ACTIVIDADES DA SEMANA GRANDE DAS FESTAS DE XOVE
O vindeiro luns 23 comeza a semana grande das FESTAS PATRONAIS DO SAN BARTOLO DE XOVE, e con ela comeza un amplo e intenso Programa de Actividades dirixidas a tódolos sectores da poboación. Dentro das primeiras actividades, temos:
Luns 23 de agosto.- ás 11:00 horas na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) un TALLER DE MAQUILLAXE. Este taller está organizado e coordinado pola Concellería de Xuventude e Servizos Sociais.
Martes 24 de agosto.- A TROPA DE TRAPO presentan CONTOS COAS MANS ABERTAS, un espectáculo de contos con música en directo para un público adulto. Vai ter lugar na Aula Multideportiva, enfrente da Residencia da Terceira Idade a partires das 20:00 horas (8 da tarde), con entrada libre e gratuita, pero para adultos. Trátase dun espectáculo promocionado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, que conta coa colaboración do Departamento de Emprego Municipal.
Amáis disto, RECORDAMOS que sigue aberta ata final deste mes de agosto a inscrición para o Curso 2010-2011 da Escola Municipal de Ximasia Rítmica de Xove e a preinscrición para o Curso 2010-2011 da Escola Municipal de Música de Xove. Tanto a inscrición como a preinscrición hai que realizala nas Oficinas Municipais do Concello de Xove, concretamente no Rexistro, en horario de Oficina. Os impresos para isto pódense obter mesmo no propio Rexistro. En ámbolos dous casos (inscrición en Ximnasia Rítmica e preinscrición en Música) hai que aportar unha fotografía tamaño carné do inscrito/a.
Para aqueles que inda non se inscribiron, recordar que as oficinas do Concello de Xove van permanecer pechadas o luns 30 de agosto, dado que é festa local en Xove.