Nota de Prensa
O xoves 19, tivo lugar o primeiro dos actos do programa de Homenaxe a Sociedad Valle de Oro: unha conferencia de Xosé Neira Vilas co título , Que lle debe Galicia á emigración? na Casa da Cultura do Ferreira do Valadouro cunha notable asistencia de público e unha interesante disertación sobre as aportacións da emigración galega en América e o traballo desenvolto pola Sociedad Valle de Oro. Ao final da charla houbo un interesante coloquio con interesantes cuestións plantexadas ao autor Neira Vilas.
O programa está organizado polos Concellos de Alfoz e Valadouro, a Fundación Comarcal A Mariña Central e a financiación da área de cultura da Deputación de Lugo.