Nota de Prensa
Parroquia de Ribadeo
O Sábado 14, vigilia xuvenil en honor á Virxe
O vindeiro Sábado día 14 de Agosto ás 22 horas vaise a celebrar unha Vigilia para mozos. A devandita Vigilia estará dedicada á Virxe en vésperas dunha das súas festas principais: a da súa Asunción, que se celebra en moitos lugares como a Virxe de Begoña.
A Vigilia celebrouse xa o ano pasado cunha notable participación. Do mesmo xeito que entón, este ano contará coa presenza dun grupo de mozos de Valencia que por segundo ano consecutivo visita os Concellos de Ribadeo e Trabada para realizar tarefas de voluntariado nas súas Parroquias rurais.
A Vigilia terá este ano unha significación especial, pois fai só uns días que acaba de ter lugar o masivo encontro de mozos católicos en Santiago de Compostela e en menos dun ano centos de miles de mozos católicos de todo o mundo vanse a dar cita en Madrid na Xornada Mundial da Mocidade de 2011. A revitalización da vida cristiá xuvenil que xeran estes e outros acontecementos ten o seu reflexo tamén en pequenos actos, como a Vigilia que vai ter lugar en Ribadeo.
Á Vigilia poderán asistir tamén familias e persoas que queiran compartir cos mozos a celebración da festa da Virxe.
Equipo de comunicación da Parroquia