A Praza de Santa María en Ferreira do Valadouro é o escenario deste programa que trae a concurrida praza desta vila xogos para que os nenos e os pais teñan diversión a dous pasos.
Despois das actividades de xogos celtas e guerra de auga do martes 10, o pasado martes 17 de agosto tivo lugar un entretido rocódromo inchable que puxo a proba as habilidades de nenos e nenas.
O seguinte martes 24 celebraráse a festa da escuma para finalizar este divertido programa de animación infantil.
Toda a diversión de 18 a 20 horas, organizado pola OMIX do Concello do Valadouro.