Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun cento de rapaces competiron no torneo de fútbol sala do Casino de Viveiro

VIVEIRO .- Máis dun cento de rapaces, con idades comprendidas entre os dez e os dezaseis anos, participaron no torneo de fútbol sala de categorías base organizado polo Casino de Viveiro. O torneo desenrolouse en tres categorías; alevín, infantil e cadete.

Nota de Prensa

Os días 3-4 e 5 de Agosto disputouse na pista exterior do Casino de Viveiro o torneo de fútbol sala de categorías base organizado polo propio Casino. No torneo, no que participaron máis de 100 rapaces con idades comprendidas entre os dez e os dezaseis anos desenrolouse en tres categorías; alevín, infantil e cadete.

Na categoría alevin o campión foi o equipo de Roq Sport C.F., sendo o máximo goleador Dani Manzanares e o porteiro menos goleado Mateo San Isidro, ámbolos dous pertencentes tamén ao equipo do Roq Sport C.F.

Polo que respeta á categoría infantil o campión foi o Grallal, o subcampión o equipo As Monxas e o terceiro posto foi para o equipo Roq Sport C.F. Nesta categoría o trofeo de máximo goleador foi par Óscar Fraga do equipo as Monxas e o trofeo de porteiro menos goleado foi para David Galdo e Marco Suárez do equipo Grallal.

Finalmente, na categoría cadete o primeiro posto foi para os rapaces do Besiktas, o segundo posto para Os Chilindrines e o terceiro posto para o Bayer Galicia. O trofeo de máximo goleador levouno Adrián Lombardía do equipo Bayer Galicia e o porteiro menos goleado foi o seu compañeiro de equipo Abraham Rolle.

As 22:00h celebrouse a entrega de trofeos no salón de actos do Casino a cargo do presidente Casino de Viveiro – Club Náutico Antonio González Cociña e do secretario Alberto García Amado.

O torneo estivo organizado polo Casino de Viveiro – Club Náutico e colaboraron o Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro, Casa da Xuventude, Óptica Casariego, Motomar, Panadería P. Fontenova, Suministros Marcelino, Carreiras, Venta de Hostelería José Luis Vázquez, Tur Viveiro, Asesoría Leal, Taller Ford Viveiro, Óscar Joyeros, Deportes Cota, Decoraciones Romeo, Grupo Futures e Hotel Vila.

Exit mobile version