A pasada semana houbo un accidente laboral no que finaron dous traballadores que loitaban contra o lume. Producíronse dous sucesos, un incendio e un terrible accidente laboral, aínda que se nos transmite que parece que todo foi un lume culpa dun mechero, do monte, dun incendiario, do vento e pouco máis.
Sen embargo, nin a intencionalidade do incendio que descobre o presidente da Xunta, nin o mechero que cita un conselleiro, nin o acto criminal ao que fai referencia un similar, nin o cambio brusco do vento que mencionan varios, aportan novas sobre o accidente. Non saben diferenciar ou non queren saber que cando se produce un accidente é porque falla a seguridade. Antes, durante ou despois do sinistro.
Búsquense pois os fallos na seguridade, eméndense con urxencia e mándese para a casa ao da intencionalidade, ao do mechero, ao cambio do vento e ao do acto criminal. O demais, máis demagoxia.
Manuel S.