LOURENZÁ .- O vindeiro venres 27 de agosto terá lugar, por terceiro ano consecutivo, a recreación de “A LENDA DO CONDE SANTO”, evento que pretende eloxiar a figura histórica do Conde Santo e no que a cea de corte medieval que terá lugar no marco incomparable dos claustros do Mosteiro San Salvador, así como a Recreación da Lenda, son os seus eixes principais.
A partir do martes 17 de agosto todos aqueles que queiran participar na mesma poderán adquirir as tarxetas nas oficinas do Concello de Lourenzá (en horario de mañá, de 9:00 a 13:30) e na Casa da Xuventude (en horario de tarde, de 16:30 a 19:00). O prezo do menú será de 25 euros por persoa e ofrecerase un servizo de ludoteca de forma gratuíta para aqueles menores que acompañen aos adultos asistentes á cea.
Dende a organización animamos aos asistentes a participar da mesma con vestimentas de época, para elo a organización ofrece a posibilidade de alugar os traxes (para nenos e adultos) nas instalacións da casa da Xuventude en horario de tarde.