Lourenzá celebra O Conde Santo do 26 ao 30 de agosto
Nota de Prensa
* xoves 26 de agosto
Ás 18:00h. No Salón de Actos da Casa da Cultura, espectáculo teatral para público infantil e familiar OS TRES TENEDORES
Ás 21:00h “A FARRA DO CONDE” a cargo da Comisión de Festas coa colaboración de ACIAL
Ás 23:30h Actuación de OS KENTAKYS, e colaboración da cantante laurentina KARINA na Praza do Conde Santo
* venres 27 de agosto
Ás 18:00h Celebración do DÍA DA BICICLETA con percorrido que levará dende a Praza do Conde Santo ata a área recreativa de A Cazolga (inscrición na Praza do Conde Santo dende unha hora antes; e agasallo de camiseta aos 140 primeiros anotados)
Ás 21:00h CEA POPULAR inspirada na época do noso fundador acompañada de animación de rúa e música, dentro do evento A LENDA DO CONDE SANTO, nos Claustros do Mosteiro de San Salvador
Ás 24:00h RECREACIÓN da Lenda a cargo da compañía de TEATRO RAIOLAS, con narración de Manuel Lourenzo e participación de actores locais (aberta ao público en xeral)
Ás 24:30h Na Praza do Conde Santo DISCOTECA MÓVIL EVEN TEC
* sábado 28 de agosto
Ás 11:30h Saída dos COCOS E CABEZUDOS polas rúas de Vilanova, acompañados pola sección musical dos alumnos da Escola Municipal de Música e Danza “Osorio Gutiérrez”
Ás 13:00h Misa solemne e apertura do Sepulcro do Conde Santo na Igrexa de Santa María de Valdeflores
Ás 14:30h Sesión vermut amenizada pola orquestra AMÉRICA S.L.
Ás 17:30h Pasarrúas de COCOS E CABEZUDOS e de seguido IV MOSTRA FOLCLÓRICA , no Campo dos Bolos, coas agrupacións: Escola Municipal de Música e Danza “Osorio Gutiérrez” (Lourenzá) e Banda de Gaitas da Escola Municipal de Música (A Pontenova)
Ás 18:30h No campo de fútbol da Santa Cruz terá lugar o TROFEO XUVENIL “Conde Santo 2010” entre os equipos: E.D. LOURENZÁ e S. P. PONTENOVA
Ás 22:00h No entorno do Campo dos Bolos, espectáculo de danza ETHERIA. A viaxe soñada do CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO co patrocinio de XACOBEO 2010
Ás 23:30h Gran Verbena popular coa orquestra AMÉRICA S.L.
* domingo 29 de agosto
Ás 11:30h Nova saída dos COCOS E CABEZUDOS
Ás 12:30h Pasarrúas e de seguido actuación da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BURELA no Quiosco
Ás 13:00h Misa solemne e visita ao Sepulcro do Conde Santo na Igrexa de Santa María de Valdeflores
Ás 14:30h Sesión vermut amenizada pola orquestra RITMO JOVEN
Ás 18:30h No campo de fútbol da Santa Cruz terá lugar o TROFEO TRIANGULAR DE FÚTBOL ABSOLUTO “Conde Santo 2010” entre os equipos: E.D. LOURENZÁ, S.D. BURELA e C.D. ALFOZ
Ás 18:30h Nova saída dos COCOS E CABEZUDOS
Ás 19:00h No entorno do Campo dos Bolos, actuación do Ballet Folclórico “Desde el alma” de Uruguay co espectáculo gauchesco “De lo nuestro, lo mejor”
Ás 22:30h Gran Verbena popular coa orquestra RITMO JOVEN e concerto de GRUPO AMÉRICA
* lunes 30 de agosto
Ás 11:30h Última saída dos COCOS E CABEZUDOS e, ao remate, “Obradoiro de maxia” a cargo do MAGO RAFA na Praza do Conde Santo
Ás 14:00h Sesión vermut amenizada pola orquestra COMPOSTELA
Ás 15:00h. Nas instalacións da piscina municipal, celebración da FESTA ACUÁTICA HINCHABLE
Ás 18:00h. No Salón de Actos da Casa da Cultura, espectáculo de maxia do MAGO RAFA
Ás 22:00h Gran Verbena popular coa orquestra COMPOSTELA
* Os actos sinalados en verde corresponden ás actividades de A LENDA DO CONDE SANTO