ANTONIO VEIGA ASISTIU ESTA TARDE Á PRESENTACIÓN DO CLUB DEPORTIVO ALFOZ E DO NOVO SISTEMA DE REGADÍO DO CAMPO DE FÚTBOL DO CONCELLO
Esta nova infraestrutura foi instalada grazas ao investimento de 16.873 euros da Área de Deporte da Deputación de Lugo
Lugo, 27 de agosto de 2010. O delegado de Cultura e Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á presentación do Club Deportivo Alfoz na que tamén se presentou o novo sistema de regadío automático do campo de fútbol do concello, que foi instalado grazas ao investimento de 16.873, 93 euros que a Área de Deporte destinou ás obras. Estiveron presentes os xogadores do Club Deportivo Alfoz, que milita na 2ª Autonómica de Fútbol e é principal usuario desta infraestrutura deportiva, así como representantes da directiva. Despois da presentación, tivo lugar unha churrascada para os xogadores e socios do club.
A partir de agora e trala instalación do novo sistema automático de regadío, como explicou Antonio Veiga, “os traballos de mantemento do céspede serán máis levadeiros e conseguirase optimizar o estado do terreo de xogo”. Afirmou que “a instalación deste sistema automático para regar a superficie de xogo do municipal de Alfoz vai permitir optimizar o seu mantemento nas épocas estivais e de choivas pouco frecuentes, de xeito que a herba poida medrar coa cantidade de auga necesaria en calquera momento do ano”.