Nota de prensa:
UNHA NOVA SENTENCIA RATIFICA QUE O GOBERNO DE CERVO ACOSOU Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO RIVERA CASÁS
Un informe técnico “de todo punto incorrecto”, serviu de escusa aos populares para denegar unha licenza de obras de reparación no CEIP Rivera Casás
CERVO, 27 DE AGOSTO. A xustiza segue a dar a espalda ao goberno municipal de Cervo e tamén a sacarlle os cores aos responsables políticos do PP. Unha nova sentencia do xulgado contencioso administrativo de Lugo ven de ratificar a cadea de errores cometidos polos responsables municipais en torno as decisións adoptadas en referencia ao CEIP Rivera Casás de San Ciprián.
Sentencias en contra e dúas condenas
Todas as decisións acordadas polo goberno de Cervo en canto ao tratamento do peche do centro educativo en San Ciprián no ano 2005, tiveron resolucións desfavorables e contundentes para os responsables municipais, pero tamén dúas condenas; unha por paralizar unhas obras de mellora no centro e outra por paralizar servizos básicos de mantemento coma auga, luz e limpeza. Nestes últimos casos, o concello foi condenado a asumir as costas dos procedementos.
De todas as actuacións, o corte da luz e a auga, que afectaba directamente aos nenos escolarizados, foi unha intolerable actuación do Concello, realizada de forma unilateral y en contra dos alumnos, dos pais e das nais e mestres do Rivera Casás, e algo sen precedentes en todo o territorio nacional. Cabe destacar que o responsable de firmar tal despropósito foi o actual alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Un informe “de todo punto incorrecto”
A nova sentencia achaca fallos ao informe do técnico municipal; un informe ao que de novo os populares se aferraron para negar a licenza de obras ao centro e que entre outras cualificaba o solo onde se ubica o colexio como espazo libre para uso libre, a pesar de que estaba sendo utilizado coma centro educativo. A sentenza aclara que aínda que o edificio estivera fora de ordenación, o concello non podería negar a licenza de obras de conservación nin de mentemento. Por iso é difícil entender para nos, coma o técnico municipal puido cometer tal error sen estar ao tanto do mesmo.
Balseiro Orol debe dimitir e Insua e Villares pedir escusas públicas polo mal causado
Por todas estas actuacións erróneas, o responsable de obras e urbanismo do Concello de Cervo debe dimitir si aínda ten unha pouca de vergoña, e tanto o ex alcalde de Cervo coma o actual, pedir desculpas públicas a todas as persoas afectadas. É o mínimo que podemos pedirlles aos responsables desta desfeita educativa que terá coma culminación o derribo dun patrimonio municipal, que sen dúbida pasará factura aos responsables da súa desaparición.