Site icon Crónica3.com A Mariña

Horario do cementerio en Burela

Fai case 26 anos que temos que visitar a meu avó detrais dunha pedra de mármore. Fai case 26 anos que o único agasallo que lle podemos dar son flores. Fai case 26 anos que meu avó vive no cementerio PARROQUIAL  de Burela. E dende fai uns días temos un horario para ir a visitalo. Podo ir poñerlle as flores entre as 9:00 e as 19:00 horas. Moi ben paréceme moi ben que se teña un horario, pero paréceme que a hora de peche non é moi axeitada en tempo de verán. Mais ca nada porque é día ata as dez da noite e sol brilla ata tarde marchitando as flores en pouco tempo. So lle pido o señor encargado do cementerio a quen se lle pagan uns vos atributos ala polo mes de novembro recapacite esta decisión e aumente o horario de peche polo verán. Incluso podía seguir a mesma rutina que se segue para as misas. Así todo o mundo sabería que cando cambiasen a hora no mes de outubro o cementerio  pecharía a sete e a partires do  mes de marzo (horario de verán) o cementerio pecharía as oito da tarde. Repito que me parece moi ben que haxa un horario, pero debe de ser un horario que non impida a ninguén ir visitar os seus seres queridos, pois hai xente que traballa e que de seguro preferiría non ter que ir a poñer flores a carón dunha pedra de mármore.

S.C.

Exit mobile version