Site icon Crónica3.com A Mariña

Hai 50 anos

Polo San Lourenzo de 1960 editouse un fermoso libro-programa: na portada figura un pintoresco rincón do porto coa torre da igrexa ó fondo. Enriba da estampa, a lenda: “Foz. Villa Ideal en la Costa Verde”.”Premio especial de embelecemento 1959”. As festas duraron do 7 ó 13 de agosto. ambos inclusive. O programa nutríase amais das habituais verbenas, concertos e pasarrúas a cargo da Orquestra Lamas La Piña de Ferrol e a Banda de Música A Lira, de Ribadavia, con Xigantes e Cabezudos, unha Gran Tirada ó Prato, Jimkana Motorista, Torneo Triangular de Fútbol (entre equipos de categoría nacional), Regatas de Traineras, “Sesión especial de Fuego y Aire combinado”. Xira a Os Loureiros, “primero a través de la ría de Foz e, internándose luego por el río Masma, y después de recorrer un paisaje de ensueño, se llega al lugar de Os Loureiros, donde tendrá lugar una animada fiesta campestre a orillas del paradisíaco río”. Petición pro-loita contra o cancro, “istalándose la mesa petitoria, que presidirán distinguidas damas y la cuestación estará a cargo de bellas jóvenes”. O día 11 tivo lugar un feito cultural de gran importancia na historia focega: a inauguración da Biblioteca Pública Municipal. Mañá, polo tanto, son as Vodas de Ouro dun acontecemento excepcional no ámbito da cultura dun pobo, que ben merecía unha especial atención no programa do San Lourenzo 2010, ó cumprirse o medio século, incluíndo, na súa lembranza, o mesmo día 11, por exemplo, unha Xornada da Cultura…Inaugurada polo gobernador civil e o Presidente da Deputación, Directora do Centro Coordinador de Bibliotecas, Delegado de Educación e outras autoridades, e xentes das artes e das letras. Pronunciou o discurso inaugural o doutor Dionisio Gamallo Fierros, con unha lección de bo dicir, glosando ós dous mestres que deron honra literaria á vila focense, ó desenvolver nela as súas actividades profesionais: Noriega Varela e Salgado Toimil. Fora a primeira bibliotecaria Conchita Muiña “do Maragato”. Mágoa que efeméride tan senlleira se afundise no esquecemento. Hai 50 anos…

Exit mobile version