Site icon Crónica3.com A Mariña

A coporación municipal nomeará fillo adoptivo de Cervo a Francisco Rivera Casás

Nota de Prensa

FRANCISCO RIVERA CASÁS SERÁ NOMEADO FILLO ADOPTIVO DE CERVO O VINDEIRO MARTES

* A corporación municipal celebrará unha sesión plenaria onde se lle fará entrega oficial dos atributos deste galardón

Cervo, 20 de agosto de 2010.- O pleno da corporación municipal de Cervo reunirase o vindeiro martes, ás sete da tarde, para nomear de xeito oficial ao mestre Francisco Moisés Rivera Casás como fillo adoptivo do Concello de Cervo.

A cerimonia oficial de nomeamento consistirá no seguintes programa de actos:

18:55 h. Exterior Casa Consistorial

* Recepción ao homenaxeado por parte do señor Alcalde

* Acompañamento ata lugar reservados en mesa presidencia

19:00 h. Salón de Plenos

1. Saúdo de benvida do señor alcalde

2. Lectura da acta do Pleno Municipal

Desde un atril, a secretaria accidental do Concello procederá a dar lectura da acta de nomeamento do título de fillo adoptivo a favor de don Francisco Moisés Rivera Casás, acordo adoptado na sesión plenaria do 25 de xuño de 2010.

3. Primeira intervención

Desde atril, JAVIER RIVERA versará sobre a personalidade e traxectoria profesional do homenaxeado

4. Lectura de adhesións

Desde atril. O responsable da organización procederá á lectura de telegramas e comunicacións de adhesión ao homenaxeado.

5. Acto de entrega de atributos

Alcalde e homenaxeado póñense en pé.

O alcalde fai entrega a don Franciso Moisés Rivera Casás dos atributos que o distinguen como FILLO ADOPTIVO DE CERVO, pola seguinte orde:

1. Certificación de acordo plenario
2. Diploma en pergamino enmarcado acreditativo da distinción de “Fillo Adoptivo”
3. Imposición de botón de solapa de ouro (escudo Concello)

6. Segunda intervención

Desde o seu sitio. D. FRANCISCO MOISÉS RIVERA CASÁS, FILLO ADOPTIVO DE CERVO

7. Clausura do acto

Desde o seu lugar. D. ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ, ALCALDE DE CERVO

19:50 h. Restaurante BuenaVista de San Ciprián

* Recepción a homenaxeado e acomodación en lugar reservado
* Viño (petiscos)

Segundo indicou Pilar Armada, edil encargada da instrución do expediente para a concesión deste galardón, ao marxe da cerimonia oficial, o acto do martes pretende ser “a materialización do recoñecemento público de tódolos veciños e veciñas do concello a un persoeiro que forma parte da historia viva de Cervo e que foi protagonista directo dos cambios e logros acadados por este municipio no último século”.

Así mesmo, a edil cervense puntualizou que se escolleu esta data para celebrar o acto aproveitando a estadía do galardoado na súa casa de San Ciprián e adiantou que en vindeiros meses farase un acto semellante para nomear a Isaac Díaz Pardo, o outro persoeiro que ten acadado esta distinción local.

INVITACIÓN A ADHERIRSE

Armada fixo un chamamento invitando a todas aquelas persoas, entidades, asociacións e colectivos para que se adhiran a esta homenaxe de xeito oficial. Os que así desexen facelo poden dirixir un telegrama ao Concello de Cervo ou escribir un mail ao seguinte correo electrónico: secretaria.de.alcaldia@concellodecervo.com adheríndose ao homenaxeado e facendo constar o nome completo (no caso de facelo de xeito individual) ou o nome da asociación, institución ou colectivo que se une á homenaxe. “Confiamos en que sexan moitas as persoas, colectivos, asociacións e institucións as que manden a súa comunicación de adhesión a este nomeamento, porque será unha forma de transmitirlle o noso cariño e respecto a Don Francisco” recalcou Armada.

O proceso para nomear a Rivera Casás fillo adoptivo arrincou a finais do pasado ano, coa entrada en vigor do regulamento especial de honras e distincións municipal. A partir desa data comezouse a elaborar a documentación do expediente para a concesión do devandito galardón.

En maio pasado esta documentación foi posta a disposición dos distintos colectivos e asociacións do municipio para que fixeran achegas ou emendas ao seu contido. Finalmente, e tralo apoio das asociacións asistentes a esta reunión (“Aventados”, “Mulleres de San Ciprián”, “CIT-San Ciprián”, Anpa Cervo Nº1, Asociación de Veciños de Cervo-Sargadelos, Club Deportivo San Ciprián, Asociación Cultural “A Sombriza”, Amas de casa “Alborada”, Asociación “Mar de San Ciprián”, Asociación de Vecinos de Lieiro e Asociación de Montes de Lieiro) o 25 de xuño pasado acordouse nunha sesión plenaria nomear a Francisco Rivera Casás e Isaac Díaz Pardo como fillos adoptivos do Concello de Cervo.

BIOGRAFÍA

Francisco Rivera Casás naceu en Magazos (Viveiro) no ano 1912, aínda que reside en San Ciprián dende 1934, cando se incorporou como mestre con praza en propiedade á escola unitaria de nenos desta vila. Este traballo inicial veuse truncado pola chegada da Guerra Civil, do 1936 a 1939, cando o mestre foi chamado a filas e cumpriu durante dous anos o reemprazo obrigatorio. Ao rematar a contenda, Rivera Casás volveu a San Ciprián para iniciar o curso 1939-1940. En 1942 acudiu a Madrid para facer os estudos de capacitación, financiados polo Instituto Social da Mariña, para impartir clases de Orientación Marítimo Pesqueira. A escola sancibrense acadou esta denominación ao ano seguinte (1943) para preparar a futuros traballadores do mar nas súas modalidades de pesca e navegación. En 1947 foi bolseiro na Semana Pedagóxica. En 1948, recibiu a felicitación da mariña polos exames a patrón de cabotaxe e de pesca. Foi colaborador das revistas “Vida Gallega”, “A Queimada”, “Lucus”, “Anduriña” e dos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, Heraldo de Vivero, Beiramar,… Foi fundador-tesoreiro e vicepresidente do Centro de Iniciativas e Turismo de San Ciprián. Tamén fundou e foi director do “Museo Provincial do Mar” en San Cirpián, do que actualmente é director honorario. Deu numerosas conferencias ó longo da súa vida.

É autor de varios libros escolares: Matemáticas 1ª e catro cadernos de exercicios (1969); Matemáticas 2ª e catro cadernos de exercicios (1969); Matemáticas 3ª e catro cadernos de exercicios (1969). Asistiu e participou en xornadas da Bienal Internacional Museística “BIMU” con diploma do Ministerio de Cultura, Dirección Xeral de Belas Artes. Durante moitos anos foi preparador de patróns de cabotaxe e pesca, de bacharelato elemental e completo, da parte cultural dos mecánicos navais e do ingreso na formación profesional.

Foi nomeado Lucense do ano en 1999. Obtivo a medalla de Galicia (1999) en Santiago de Compostela. Obtivo o premio Luís María Sobredo nos anos 1970, 1971 e 1973 e o diploma da Dirección Xeral de Educación como mestre distinguido no ano 1963 ó seu labor social e profesional. Conseguiu o diploma da Universidade de la Rábida e o primeiro premio de Literatura no curso 1964. No ano 1973 foi galardoado co Premio Nacional de Educación Física. Obtivo as seguintes condecoracións: Cruz de Alfonso X O Sabio; Cruz ó Mérito Naval, 2ª clase, distintivo blanco; Medalla de Prata ó Mérito Social Marítimo; Medalla de Campaña; Cruz Roja; Cruz de Guerra.

VOCACIÓN E ENTREGA

Na proposta elaborada polo equipo de Goberno cervense saliéntase a súa profunda vocación profesional e a súa entrega non so á formación de varias xeracións de sancibrenses, se non tamén ao seu papel dinamizador cultural e coma fundador do Museo do Mar provincial, do que na actualidade é director de honra.

ACTO DE NOMEAMENTO E ENTREGA DE ATRIBUTOS DISTINTIVOS DE
FILLO ADOPTIVO DE CERVO A D. FRANCISCO MOISÉS RIVERA CASÁS
Día: 24/08/10
Hora: 19:00 h.
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Cervo
DESENROLO DOS ACTOS
18:55 h. Exterior Casa Consistorial
• Recepción ao homenaxeado por parte do señor Alcalde
• Acompañamento ata lugar reservados en mesa presidencia
19:00 h. Salón de Plenos
a) Saúdo de benvida do señor alcalde
b) Lectura da acta do Pleno Municipal
Desde un atril, a secretaria accidental do Concello procederá a dar lectura da acta de
nomeamento do título de fillo adoptivo a favor de don Francisco Moisés Rivera Casás, acordo
adoptado na sesión plenaria do 25 de xuño de 2010.
c) Primeira intervención
Desde atril, JAVIER RIVERA versará sobre a personalidade e traxectoria profesional do
homenaxeado
d) Lectura de adhesións
Desde atril. O responsable da organización procederá á lectura de telegramas e comunicacións
de adhesión ao homenaxeado.
e) Acto de entrega de atributos
Alcalde e homenaxeado póñense en pé.
O alcalde fai entrega a don Franciso Moisés Rivera Casás dos atributos que o distinguen como
FILLO ADOPTIVO DE CERVO, pola seguinte orde:
1. Certificación de acordo plenario
2. Diploma en pergamino enmarcado acreditativo da distinción de “Fillo Adoptivo”
3. Imposición de botón de solapa de ouro (escudo Concello)
f) Segunda intervención
Desde o seu sitio. D. FRANCISCO MOISÉS RIVERA CASÁS, FILLO ADOPTIVO DE CERVO
g) Clausura do acto
Desde o seu lugar. D. ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ, ALCALDE DE CERVO
19:50 h. Restaurante BuenaVista de San Ciprián
• Recepción a homenaxeado e acomodación en lugar reservado
• Viño (petiscos

Exit mobile version