A pintora Mary Boix, afincada en Xove, expón por primeira vez na localidade. Na sala de exposicións da oficina de Turismo, ata o día 13 con horario de luns a domingo: de 9:30 13:30 e 16:30 a 20:30 horas; pechada os luns e martes pola mañá. Poderán verse arredor de 21 traballos, na súa meirande parte óleos de pequeno e mediano formato, así como algunha obra de técnica mixta. Unha boa parte das obras expostas está adicada ao Camiño de Santiago, recollendo experiencias e imaxes da propia autora no Camiño
Exposición en Xove da pintora Mary Boix
Exposición en Xove da pintora Mary Boix
Relacionado
-
O deputado Daniel García visitou as instalacións do Club de Remo de Ribadeo, que ampliou o seu equipamento coa compra dunha nova embarcación coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación
-
Teatro en San Cibrao este sábado, 7 de decembro
-
Continúan as rutas que organiza a guía Ana Pena pola Mariña no mes de decembro