AS PISCINAS AO AIRE LIBRE DE RÍO COBO PERMANECERÁN ABERTAS AO PÚBLICO ATA MEDIADOS DE SETEMBRO
* A instalación olímpica de Lieiro entrará novamente en servizo o vindeiro día 1 de setembro tralos traballos habituais de mantemento feitos neste mes de agosto
Cervo, 28 de agosto de 2010.- O concelleiro de Deportes do Concello de Cervo, Rubén Fernández, informou de que as piscinas ao aire libre das instalacións deportivas de Río Cobo non pecharán as súas portas a finais deste mes como viña sendo habitual, se non que permanecerán abertas ao público ata o 15 de setembro.
Segundo indicou o responsable municipal de Deportes, a decisión de alongar este período de apertura das instalacións de Río Cobo responde ás suxestións feitas polos usuarios e basease en dous factores: “Á boa afluencia de público que están tendo estas piscinas ao aire libre por parte dos veciños e usuarios en xeral; e tamén ao bo clima do que estamos a gozar e que invita a seguir practicando a natación ao aire libre” sinalou Fernández, quen tampouco esgotou a posibilidade de alongar aínda máis a apertura das piscinas de Río Cobo “se o tempo nolo permite”.
A OLÍMPICA ABRE EN SETEMBRO
Ruben Fernández indicou tamén que esta prolongación nas datas de funcionamento das piscinas ao aire libre de Río Cobo non afectará en absoluto á programación de funcionamento establecida dende o Concello para a piscina olímpica climatizada municipal. “A piscina de Lieiro abrirá a partir do vindeiro 1 de setembro no seu horario habitual despois de estar durante este mes facéndose nela os traballos preceptivos de mantemento que regularmente facemos coincidindo coas datas de verán” recalcou o edil popular cervense.
O concelleiro de Deportes lembrou que dende o consistorio cervense continúan a traballar para mellorar as instalacións deportivas municipais “e para poder ofertar máis e mellores servizos aos nosos veciños e veciñas afeccionados á práctica do deporte