NOTA DE PRENSA:
Mañá, venres 13 de agosto, no Paseo da Ribeira, e enmarcado dentro dos actos de San Lourenzo, terá lugar un concerto cos grupos: eLe De eMe e Holywater. Nunha aposta do Concello de Foz polos novos valores na música, organízase este concerto no que o primeiro en poñer en escea o seu pop fresco e desenfadado será eLe De eMe, quen ademais das súas cancións do seu traballo “Ayer, hoy, mañana” gravado co respaldo de Warner Music, fará vibrar ao público con versión de cancións do pop español.
Unha hora máis tarde tocaralle o turno a Holywater, un grupo lucense que xa ven de sacar o seu cuarto traballo e que grazas á súa música xa percorreron cantidade de ciudades dentro e fóra de Galicia e mesmo de Europa. A súa música clasificada como rock ou indyrock sorprenderá ao público asistente.
Dous grupos de diferentes estilos, pero cunha misión: facer cantar e bailar a todas as persoas que se acheguen mañá ao Paseo da Ribeira, onde comeza tamén a Festa do Polbo, xunto co resto de bares da vila.