“DIA DO NENO”, MAÑÁ NAS FESTAS PATRONAIS DE XOVE
O Concello de Xove, neste caso a través da Concellería de Cultura, sigue co amplo Programa de Actividades das Festas Patronais San Bartolo 2010.
Se hoxe “Tropa de Trapo” vai actuar para un público adulto, mañá celebraremos o DIA DO NENO cun conxunto de actuacións dirixidas especialmente á poboación infantil.
O Programa para o Dia do Neno, qui imos a celebrar mañá mércores 25 de agosto, é o seguinte:
-16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove: actuación de TEATRO BABALUVA coa obra “LUME”. A duración da obra é de algo máis de 30 minutos.
Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nen@s de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.
Neste proxecto faise visible o traballo de moitas mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas en diversos puntos do planeta. Mulleres e homes tod@s implicad@s en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e compromiso social dende as linguaxes particulares das súas creacións.
-17:00 horas na Praza do Centro Cívico de Xove: INCHABLES. Todo tipo de inchables para que o público infantil e xuvenil disfrute a tope.
-20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: o MAGO DANI GARCÍA actuará co espectáculo ”ACCIÓN”.
Espectáculo de maxia de pequeno e mediano formato deseñado para representar nos sitios máis variados… Maxia visual para toda a familia. A orixinalidade, a comedia, e o drama xúntanse coa maxia neste espectáculo para facer pasar un anaco dos que non se esquecen. Efectos de maxia coa mente, con alimentos e mesmo co propio corpo do mago sácanlle un sorriso ó público e demostran que todo é posible. Dende os clásicos máis perigosos da maxia ata o mais novedoso e disparatado que a enferma mente do mago se lle pode ocorrer xuntanse neste espectáculo.
Dentro deste Programa temos que salientar a colaboración e patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dado que tanto a actuación de Teatro Babaluva como a do Mago Dani García englóbanse dentro do Programa Circuitos Culturais/Camiños da Cultura 2010.
Para rematar esta nota, sinalar que tódalas actividades que se van celebrar no Dia do Neno teñen un carácter libre e totalmente gratuito. A organización aproveita para invitar a tódolos nenos/as tanto do Concello coma visitantes a participar nas actividades programadas.