Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que Burela recibiu case 114.248’00€ da Xunta para dependentes

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O PP: “o alcalde de Burela, ademais de cínico, minte e engana ós cidadáns”.

Os populares afirman que o concello non gastou 49.460’24€ que a Xunta lle enviou para dependientes en 2009.

Con todo, Burela recibiu este ano cáseque 114.248’00€ para o mesmo servicio.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, afirmou hoxe, en relación coa réplica do alcalde sobre as críticas feitas recentemente polos populares sobre o estado de varias zonas do concello, que “o alcalde, ademais de cínico, minte, e engana ós cidadáns”.

Os populares consideran que “un alcalde que se precie, cando critican o que fai mal, non pode descargar a súa responsabilidade cargando contra outras administracións, como fai Llano cargando contra a Xunta. O certo é que nos dá a razón, porque non desminte nada do que dixemos. E falando do que lle importa ós cidadáns do noso concello, a xente quere que o monte esteña en condicións e tamén o paseo marítimo, e que no parque haxa seguridade para que xoguen os nenos; eso á xente tamén lle importa”.

A mostra do cinismo é escoitar ó alcalde que non cita para nada o descomunal retraso do corredor Barreiros-San Cibrao, a obra máis importante para Burela nestes momentos, que depende do Goberno Zapatero, que ainda a estas alturas non sabemos por onde pasará, e eso que o propio alcalde dixo hai un ano que nun ano teríamos noticias. Pasou o ano, e non hai noticias de por onde pasará, e menos de cando se fará.

Máis cínico ainda é cando di que o concello non recibe subvencións segundo el importantísimas e culpa do mesmo á Xunta. E aquí hai que decirlle que ademais de cínico, minte, e engaña ós cidadáns. E damos datos, datos referidos a unha das subvencións máis importantes que recibe o Concello, a que se refire á axuda a dependientes.

En 2009, o concello de Burela recibiu un total de 87.376’00€ para axuda a dependientes, dentro do plano concertado de servicios sociais da Xunta. Pero resulta que o concello deixou sen gastar 49.460’24€; é decir, eses cartos non chegaron ós nosos dependientes. Polo que deberían explicar que pasou, por qué eses cartos non se gastaron.

Neste ano 2010, o concello recibiu en total 114.248’00€ para o mesmo concepto de axuda a dependentes, que xa están ingresados; ou sexa, 26.872’24€ máis ca en 2009. Para que logo o alcalde diga que as subvencións non chegan; chegar, chegan, o que pasa é que o bipartito burelés é un desastre, e non gasta como é debido.

Pero hai máis: este ano, o concello de Burela non solicitou a axuda da Deputación para axuda a domicilio, o que demostra que as subvencións non chegan se non se piden, ou se se piden sen xeito ningún.

Con esto queda demostrado que o alcalde ou non se entera ou minte, ou as dúas cousas ó mesmo tempo, e que o discurso do bipartito de defensa dos servicios sociais é todo palabrería e falsedade, porque á hora da verdade non se gasta o que se pide e non se pide o que hai que gastar. Un desastre.

Se se refire ó Centro de Información á Muller, decirlle que o CIM de Burela continuará contando con subvencións, adaptadas á realidade do CIM de Burela, xa que o seu personal é, todo el, e gracias a que o PP gobernou este concello, personal fixo.

Polo tanto, pedímoslle ó alcalde que non minta, cousa que fai mui ben, por certo. Pero que cando fale de perda de subvencións non fale por falar e non engane máis ós cidadáns, que xa comenzan a estar fartos da insoportable levedad desta persona que como alcalde non tén reparo en decir hoxe unha cousa e mañá a contraria.

Exit mobile version