NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
O GMPP denuncia que nas obras do parque non houblo planificación e que xeneraron protestas.
Os populares denuncian o abandono das áreas recreativas da Casilla.
Afirman que o alcalde non cuida o mobiliario urbano.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela reiterou hoxe que o alcalde e o bigoberno burelés non atenden debidamente as cousas do día a día da vida municipal, “como demostra que non houbese nin unha mínima planificación das obras do Parque Rosalía de Castro, o estado da propia marquesina do parque, o as zonas verdes que hai na zona de A Casilla e baixando á Marosa”.
“No que se refire ás obras do parque, obras que por certo non deberían implicar gran complexidade, a complexidade veu dada pola falla de planificación: se hai dúas zonas de xogos, primeiro habería que traballar e completar obra nunha, e despois na outra, e non como se fixo, ó unísono nas dúas zonas. As obras xeneraron protestas entre os pais e nais usuarios do parque, protestas que nos comunicaron ós responsables do PP local”.
A desidia é tan grande, que a marquesina do parque presenta pintadas que non se limpan, e por riba o concello coloca carteis das súas propias actividades. Conclusión, se o propio alcalde non dá orden de que o concello cuide o mobiliario urbano, mal se lle pode pedir ós cidadáns o que o propio concello non fai.
Por último, o estado das zonas verdes de A Casilla, que foron licitadas e adxudicadas polo goberno municipal do PP, é lamentable e semellan estar en estado de abandono: a maleza invádeo todo, as papeleiras están sen vaciar, o que deixa ben ás claras que desde a alcaldía non existe nin control nin rigor á hora de actuar nas cuestións diarias. Estas zonas verdes, que xunto cun sendeir peonil da zona de O Perdouro tiveron un custo de centovinte mil euros, e que fora subvencionada en boa parte con fondos da Unión Europea, deberían servir como escaparate para as persoas que baixan á Marosa desde a Travesía Municipal, e pola contra presentan un aspecto deplorable.
Desde o GMPP solicitamos do alcalde que poña freno a todo este desastre no que se está convertindo Burela, e que traballe un pouquiño para desatascar as cuestións da vida diaria municipal.