Nota de Prensa
Deputación, Concello de Foz e FEVE amplían a Ponte Cabana en Nois investindo 110.000 euros
– Gómez Besteiro cumpre coa palabra dada mediante a sinatura dun convenio que establece a mellora desta infraestrutura entre as tres entidades
– O titular do organismo provincial avanza que a Deputación xa está a recibir as ofertas das empresas para mellorar a estrada que une Casa Pequenete e Espiñeira
A Ponte Cabana é un paso superior sobre a línea do ferrocarril moi estreito facendo imposible a circulación de dous vehículos e poñendo en perigo os viandantes. Deste xeito, o documento subscrito establece que, “debido a falta total de seguridade”, a corporación municipal redactará o proxecto, aportará os terreos e executará as obras de ampliación, mentras a Deputación e FEVE as financiarán investindo 110.000 euros. Concretamente, o organismo provincial achega 50.000 euros e a entidade dependente de Fomento 60.000 euros.
Esta actuación enmárcase dentro da aposta da Deputación pola máxima cooperación cos Concellos. Asimesmo, engádese ás obras de mellora de máis de 2,2 quilómetros da estrada que une Casa Pequenete e Espiñeira nas que o organismo provincial inviste 500.000 euros dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública dotado de 60 millóns de euros. Trátase dun proxecto que a anterior corporación provincial deixou licitado e contratado pero que non executou porque non expropiaron os terreos. A Deputación retomou, modificou e ampliou esta iniciativa pasando dos 400 metros que anteriormente se prevían mellorar á totalidade da vía tal e como reclaman os veciños da zona.
Neste senso, Gómez Besteiro destacou que “a Deputación xa está a recibir as ofertas das empresas. Hai que priorizar as obras. O que non se pode facer é aprazar a VAC ó 2017 cando estaba prevista para o 2013 e cando o Partido Popular na oposición esixía o seu remate no 2011. Esta obra é vital xa que se o Goberno Central remata a Transcantábrica no 2012 a Mariña queda partida en dous. Temos que sumar todos e anticipar os prazos porque son 5 anos de diferencia. Nós seguiremos traballando e nos vindeiros meses traeremos novas actuacións a esta Comarca”.