Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
González Barcia: “a foto de Besteiro e Llano, a evidencia gráfica da falla de traballo e do desinterés”.
O voceiro adxunto do GPPP afirma que a Deputación bipartita, fóra das subvencións, investiu cero euros en Burela.
Pregunta onde está o parque empresarial previsto por SUPLUSA xa en 2006.
O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela e portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP afirmou hoxe que “a foto de Gómez Besteiro co alcalde de Burela para anunciar o arranxo da travesía municipal á altura do Perdouro é a evidencia das poucas ganas de traballar, do desinterés e da lentitude. Se alguén quere demostrar graficamente o non traballar, nesa foto está o exemplo”.
O portavoz popular indicou que “xa ía sendo hora de que se arregle ese desprendemento, levamos así oito meses e xa se puido ter arreglado antes do verán. Temos que alegrarnos de que non teña habido accidentes, porque os cidadáns somos prudentes. A Deputación tén feito o proxecto desde hai tres meses, pero tal e como dixemos nós, non se fai nada hasta que non pasara Besteiro por Burela, porque o alcalde de Burela é sumiso e non lle alza a voz ós seus porque é mui ben mandadiño”.
José María González Barcia indicou que Besteiro e Llano agotaron os frascos de suavizante de todo Burela dándose xabón mutuamente, pero resulta que son algo mentirosos. Así, Barcia indicou que “o comportamento da Deputación con motivo das inundacións deixa moito que desear. Se a súa maquinaria ía servir para arranxar pistas municipais, que nos expliquen que fixeron, porque o Concello vén de comunicarlle á Xunta o mal estado provocado polas inundacións de nada menos que seis camiños ou pistas municipais.”
Barcia indicou ademais que Burela non lle debe nada á Deputación bipartita: “non nos dá nada que non lle dea ós demais concellos, ou sexa, subvencións e Plano de Obras e Servicios (POS). Tanto é así que Besteiro paralizou un investimento de cento trinta mil euros do Programa Operativo Local (POL) de 2006 na estrada desde A Casilla á Marosa, Llano calou a boca como non podía ser de outro xeito, perdéronse os cartos, e agora tén que facer a obra o Concello con cargo ó POS deste ano e do que vén. Eso é o que Burela sale ganando coa Deputación bipartita, ainda por riba, temos que poñer cartos.
Ademais, Barcia lembrou que dos seis millóns previstos por SUPLUSA desde 2006 para o parque empresarial, non se fixo nada; en tres anos, sólo gastaron quince mil euros en papeles, pero non fixeron nada de nada. A Deputación e o goberno municipal do PP xa comenzaran a falar cos propietarios da zona de A Puida.
E agora, indicou o portavoz popular, véñennos vendendo como unha grande inversión os setenta e cinco mil euros que costa arranxar a travesía municipal á altura do Perdouro. E nós decimos que moito teñen que facer ainda para conseguir chegar ó nivel de investimento da Deputación do PP en 2006 e na primeira metade de 2007, porque ademais das subvencións e do POS, aí están seiscentos mil euros investidos pola Deputación do PP na nova ponte sobre FEVE na Casilla, a rexeneración da estrada Burela-San Cibrao desde Circunvalación á Marosa, ou as pistas de tenis da Marosa. Eso sí que son investimentos e non as limosnas que nos dá Besteiro e que tanto aplaude o noso alcalde de forma sumisa e adulona.
González Barcia pediulle a Besteiro e a Llano que se deixen de monsergas e que traballen, porque levan trinta e nove meses perdidos e todo apunta a que nos nove meses que lles quedan a ámbolos dous pouco ou nada serán capaces de facer, agás facerse fotos, porque pronosticamos que cando comencen as obras tamén virá Besteiro co seu séquito de oito ou dez persoas a facerse a foto, que debido á xente que carreta con el cáseque sae tan cara a foto coma a propia obra.