Nota de Prensa
O GRUPO “MAIS TALENTO MENOS CEMENTO” CREADA RECENTEMENTE EN BARREIROS, CONVOCA PARA O DOMINGO 8 DE AGOSTO Á 1 DA TARDE UNHA CONCENTRACIÓN VECIÑAL DIANTE DA IGREXA DE SAN MIGUEL EN PROTESTA POLA DESTRUCIÓN DO HÓRREO DE POUPARÍN.
O grupo veciñal que se constituíu recentemente para defender un urbanismo sostible e preservar o patrimonio arquitectónico propio fronte a políticas especulativas e ao urbanismo caótico que até agora viña impoñéndose en Barreiros e na Mariña, convoca para o domingo á 1 da tarde diante da igrexa de San Miguel de Reinante unha concentración veciñal en protesta pola destrucción dunha figura tan importante do noso patrimonio arquitectónico, como é un hórreo, neste caso o coñecido como Hórreo de Pouparín, que estaba situado a escasos metros da igrexa de San Miguel, e cuxo responsable da súa destrucción é o concello de Barreiros.
E neste sentido desde “MAIS TALENTO, MENOS CEMENTO” replícanlle ao alcalde as declaracións por él feitas hoxe na prensa nas que afirmaba que o hórreo caera só, polo seu mal estado de conservación, algo que desde a grupo consideran inaceptable, pois era e é deber do Concello a preservación e conservación do patrimonio material existente no seu término municipal, tal como recolle a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, e máxime se se ten en conta que o hórreo de Pouparín estaba situado en terreos de propiedade municipal, e que os hórreos de Barreiros gozan de protección a nivel legal, pois están inventariados.
Desde MAIS TALENTO MENOS CEMENTO animan a todos os veciños e veciñas a sumarse a esta concentración e tamén ao resto de actividades que este grupo vai desenvolver nos vindeiros meses para informar, sensibilizar e concienciar sobre a necesidade dun desenvolvemento urbanistico, racional e sostible ao abeiro do cal se poida contemplar un futuro mais optimista e preservando o noso patrimonio e a nosa identidade.