A pista de pádel municipal situada no polígono de servizos de Cuíña estará tamén a disposición do público os domingos segundo indicou o responsable de Deportes. As persoas interesadas deberán reservala e retirar as chaves o día anterior na piscina municipal de Lieiro de 10.00 a 15.00 horas. A utilización desta instalación deportiva de uso publico ten un prezo de 3,30 euros a hora. No momento de formalizar a reserva, os usuarios deberán deixar o seu carné de identidade cando vaian a retirar a chave da instalación e devolveráselles cando fagan entrega das chaves na piscina municipal.