Nota de Prensa
FERNANDO SUÁREZ CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A ACUDIR Á SÉPTIMA FESTA DO PERCEBE QUE SE CELEBRA MAÑÁ EN RINLO.
Ribadeo, 13 de agosto de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida a veciños e visitantes a acudir á séptima festa do percebe que se celebra mañá en Rinlo.
O rexedor dixo que “un ano máis e xa van sete chegamos a unha nova edición da festa do percebe de Rinlo. Estamos diante dun acontecemento ideado hai uns anos polo Concello de Ribadeo e que deu mostras sobradas de ter unha capacidade de atracción de centos e centos de persoas e que nos últimos anos está levado adiante pola agrupación de mariscadoras e percebeiras da cofraría de pescadores de Ribadeo e que o Concello segue apoiando para que esto funcione correctamente”.
Suárez Barcia manifestou que “eu como alcalde quero convidar a todas as persoas do noso concello, das nosas parroquias, da nosa vila, todos os visitantes que nestes días ateigan este concello tan fermoso que temos para que se acheguen mañá sábado durante todo o día, ou cando menos namentras duren os percebes, por Rinlo, por esta parroquia mariñeira e que desde hai moitos anos está vinculada ás cuestións do mar e do marisco e nestes últimos anos ao percebe”. O alcalde de Ribadeo engadiu que “parécenos moi importante como revulsivo non só para parroquia de Rinlo senón de todo o conxunto que estes eventos, mañá temos a festa do percebe e dentro duns días teremos a da carne ao caldeiro en Remourelle, incidan para que a xente que está de paso e de vacacións acuda a ver o que son a nosa tradición e os nosos produtos de primeirísima calidade, como é este percebe de Rinlo, que xa se achega a este recoñecemento como teñen os de Roncudo ou doutros lugares con máis tradición, pero o noso de Rinlo está aí e mañá será un día agradable para disfrutar de Rinlo e desta festa do percebe”.
Fernando Suárez animaou “a todo o mundo para que se acheguen a esta fermosa parroquia a disfrutar da séptima festa do percebe de Rinlo”.