Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que a Xunta mantén os seus compromisos con Lugo e Fomento non

Nota de Prensa

A Xunta de Galicia mantén os seus compromisos con Lugo, Fomento non

* Os populares instan ós socialistas a que calculen a perda de inversión e empregos que suporán para Lugo os recortes do ministerio que dirixe José Blanco

Lugo, a 11 de agosto de 2010.- A Xunta de Galicia non paralizou ningunha das obras comprometidas con Lugo. O Goberno de Rodríguez Zapatero si, de feito todas as infraestructuras dependentes de Fomento, que dirixe o lucense José Blanco, están paradas, convertindo a Lugo na provincia galega máis castigada pola reprogramación que está a facer o ministerio. Así de contundentes amosáronse os populares en resposta ás manifestacións realizadas onte por representantes socialistas.

O tramo autonómico do corredor da Costa, as obras do corredor Sarria-Monforte, a licitación do desdobramento do tramo Nadela Sarria, o hospital de Lugo, o polígono industrial das Gándaras, o auditorio de Lugo, a conexión do porto seco monfortino coas estradas N-120, LU-993 e LU-546 son algúns dos exemplos dos que botan man dende o PPdeLugo para reiterar que a Xunta cumpre con Lugo e o Goberno de Zapatero non. Non hai ningunha obra da Xunta en Lugo que se vira retrasada e menos aínda restrinxida. A diferencia é notoria, insisten os populares.

Dende o Partido Popular califican de desvergonzadas as valoracións realizadas polos solicialistas lucenses e convídanos a facer a suma da inversión prevista por Fomento na nosa provincia e que agora volatilizaronse como consecuencia da mala xestión económica desenvolta polos socialistas nos últimos anos.

Os populares tamén animan ós socialistas a que cuantifiquen os postos de traballos directos e indirectos que se perderán polas restriccións nestas obras, así como a rebaixa do volume de negocio que como consecuencia delo terán que afrontar as empresas auxiliares e mesmo as de hostalaría.

Exit mobile version