Leo na Voz de Galicia de hoxe a seguinte noticia: A ausencia de Cancio frustra a estratexia de Rivera para aprobar 25 facturas en Foz. O edil enfrontado ao rexedor non acudiu a un pleno no que o PSOE tiña maioría ao faltar un concelleiro do BNG.
Chámame a atención como se trata de facer ver que a ausencia de Cancio e a causa de que non se aproben as facturas sen ter en conta outras consideracións, como poden ser:
Cal foi o motivo que tivo Cancio para non acudir o pleno. Tivo algún viaxe, está de vacacións fora de Foz, tivo algún problema de saúde ou calquera outra razón xustificada.
Por que convocou o alcalde un pleno extraordinario para este tema, e non esperou o pleno ordinario do mes, si algunha das facturas son de hai varios anos.
Por que non se aprobaron estas facturas antes. Algunhas son do 2008.
Como se pode ver son dudas razoables que deberían ser aclaradas antes de tratar de cargar a culpa de non aprobarse as facturas a ninguén. E menos cando se trata de culpar a un posible rival político preto dunhas elección municipais.
Na Voz de Galicia do 19 deste mes vexo a seguinte noticia: O Concello de Foz perderá 2,2 dos 3,7 millóns debidos por morosos. No seu último informe económico, o interventor municipal revela que os contribuíntes (particulares e empresas) morosos deben ao Concello ao redor de 3,7 millóns de euros, destacando que «están a piques de prescribir ou son xa saldos incobrables, segundo este mesmo documento, unha cantidade que se achega aos 2,2 millóns de euros».
A raíz desta noticia ocórrenseme varias preguntas:
– Está o goberno municipal a facer todo o posible contra os morosos (vía executiva, embargo).
– E consciente o goberno municipal que os cartos que deixa de cobrar son de tódolos focenses.
– Esta algún moroso, ou empresa de algún moroso, traballando para o Concello de Foz.
– O Goberno de Foz dáse conta de que o impago por parte de uns e un agravio para os que pagamos os nosos impostos.
– Dáse conta o goberno de Foz que si non fai o posible por recadar os impostos e cobrar os morosos,está a incumprir as súas obrigas.
Deberían recapacitar neste tema.