Site icon Crónica3.com A Mariña

Arturo González impúxose a Tomás Costa e gañou o torneo de tenis “Concello de Cervo”

NOTA DE PRENSA:
Impúxose na final celebrada onte a Tomás Costa

ARTURO GONZÁLEZ FOI O GAÑADOR DO TORNEO DE TENIS “CONCELLO DE CERVO”

* A competición estaba organizada pola concellería de Deportes coa colaboración da empresa I.G.10 e nela participaron 18 xogadores

* Os partidos desenvolvéronse nas pistas municipais do Club Deportivo Río Cobo do 5 ao 8 de agosto

Cervo, 9 de agosto de 2010.- O tenista Arturo González foi o gañador do torneo de tenis “Concello de Cervo” que se veu celebrando dende o pasado xoves nas instalacións municipais do Club Deportivo Río Cobo. O vencedor do torneo impúxose na final celebrada onte domingo a Tomás Costa (subcampión do torneo) nun partido moi disputado.

No torneo, organizado pola delegación de Deportes do Concello de Cervo e IG-10 Sport, participaron un total de 18 afeccionados mediante un sistema de previas e eliminatorias directas a partires de oitavos de final. Os responsables do torneo destacaron o nivel dos participantes e salientaron o bo ambiente e a afección que reinou ao longo dos catro días de torneo.

Noites alternativas

Dende a delegación de Deportes, que dirixe Rubén Fernández, lembran tamén que dende mañá e ata o xoves (do 10 ao 12 de agosto) desenvolverase na pista do antigo colexio Rivera Casás un torneo de Fútbol-sala 3×3 dentro da programación das Noites Alternativas postas en marcha dende a o Concello durante estes meses de verán.

Ao igual que o resto de actividades das Noites Alternativas, a participación neste torneo vai dirixida a rapaces maiores de 10 anos e sen limite de idade. A inscrición é gratuíta e moi flexible, pois poderá facerse ao comezo do torneo.

As noites alternativas abarcan deportas coma fútbol-praia, baloncesto ou pádel. Deron comezo o pasado mes de xullo e véñense desenvolvendo nos dous principais núcleos de poboación do municipio en horario de 22.00 a 01.30 horas.

Exit mobile version