NOTA DE PRENSA
A DEPURADORA DE AREALONGA EN REINANTE XA FUNCIONA CON NORMALIDADE. ONTE XA SE IZOU DE NOVO A BANDEIRA AZUL NESE AREAL.
Barreiros, 23 de agosto de 2010. A depuradora de Arealonga en Reinante xa funciona con normalidade, segundo acaba de confirmar o alcalde de Barreiros.
Alfonso Fuente explicou que “o problema que se producía o pasado sábado xa foi solventado, non hai verquido na praia e os veciños e veraneantes poden disfrutala con normalidade”.
O rexedor engadiu que “o areal foi visitado onte polo vicepresidente de Adeac, José Palacios, e despois de comprobar que non se estaban a producir verquidos no regato xa procedemos a izar de novo a bandeira azul. É dicir que a praia só estivo 24 horas sen este galardón”.