O venres, 27 de agosto, continúa o amplo Programa de Actividades que o noso Concello organiza ou patrocina dentro das Festa Patronais 2010. Cronoloxicamente, o desenvolvemento do Programa de mañá é o seguinte: 11:00 horas.- OBRADOIRO DE MALABARES E DIÁBOLO que se vai celebrar na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX); 12:00 horas.- Presentación do Iº ENCONTRO DE PALILLEIRAS en Xove, no Salón de Plenos do Concello. 16:30 horas.- SCALEXTRIC XIGANTE na OMIX. 7.00 horas.- XOGA DE PALYSTATION na OMIX. 20:00 horas.- GRAN SARDIÑADA no Campo situado entre o Parque Municipal de Xove e o Centro de Saúde. 21:15 horas.- No Pavillón Municipal de Deportes de Xove XXVIIº FESTIVAL DE SAIÑAS “NO ADRO”, evento no que, cunha espectacular posta en escena, os do Grupo de Danzas e Músicas Tradicionais de Xove vannos deleitar co traballo realizado nos derradeiros meses. Para rematar este día, na Praza do Centro Cívico teremos Verbeca co Grupo MASTE
Amplio programa de actividades en Xove para o venres de San Bartolo
Amplio programa de actividades en Xove para o venres de San Bartolo
Relacionado
-
O próximo 26 de abril ás 20:00, o Centro Cultural Santa Emilia, de Mondoñedo, acolle o recital “Tres Haydn Intemporales”
-
O deputado Daniel García achegouse a San Cibrao, que se encheu este sábado de música e baile tradicional coa Foliada Nordestía, organizada por A Rebolaxe
-
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé, xunto coa Deputada no Congreso por Lugo Patricia Otero e o Senador por Lugo César Mogo, participaron este sábado nun encontro coa militancia socialista da comarca, celebrado no restaurante Terra Chá de Vilalba, que reuniu a máis de cen persoas