Nota de Prensa
VOLTAN OS LUMES AGOCHADOS POLA CENSURA
O apagón informativo da Xunta non suprime os lumes: calcina a sensibilización
ADEGA solidarízase coas familias dos brigadistas mortos
Ourense, 13 de agosto de 2010.
A OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE INCENDIOS SÓ DEMOSTRA Á INCAPACIDADE DOS GOVERNANTES.
A falta de transparencia no ofrecemento de datos sobre a superficie
queimada está a causar preocupación e inquietude nos habitantes do rural.
Numerosas persoas que viven nestes entornos amosaron a ADEGA o seu
enfado coas actuacións emprendidas polo governo do Sr. Núñez Feijóo encol
dos lumes. Segundo o Presidente da Xunta a ocultación de información sobre
os lumes forestais xustifícase para evitar un “efecto chamada” sobre os
incendiarios, coma se os habitantes do medio rural prenderan lume para
engordar conscientemente as estatísticas ou figurar nos media cando estes
informan sobre o número de focos ou as hectáreas.
A isto hai que engadir a manipulación das cifras e a mentira sistemática sobre
a extensión e afección dos recentes lumes, como os acontecidos no Parque
Natural do Xurés ou o LIC dos Canóns do Sil.
No incendio do día 8 de agosto en Lobios foron calcinadas perto de 200 ha.
de bosque e monte baixo de altísimo valor ecolóxico, parte del integrante do
espazo protexido do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés,
recentemente declarada Reserva da Biosfera, e causando importantes danos
en bens materiais e persoais das parroquias de Riocaldo e Lobios. Fronte ás
20 ha. de superficie que declarou a administración autonómica a última hora
do domingo, o propio Presidente da Xunta falou de 60 ha. en comparecencia
de prensa dous días despois. A realidade supera as mentiras dos nosos
governantes xa que a superficie arrasada foi moito maior, falando o propio
Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, tamén na mañá do martes 9,
cando o incendio aínda non estaba totalmente extinguido, dun mínimo de
170 ha.
Page 2
Outro espazo protexido foi arrasado nos días 11 e 12 de agosto no territorio
dos Canóns do Sil. Un dantesco incendio calcinou máis de 400 ha. (a Xunta
só recoñece 200 ha.) Semella que a Xunta, ao facer medicións sobre plano,
esquece que sen os terreos afectados da Ribeira Sacra teñen pendientes
superiores ao 30%, en especial dentro dos Canóns do Sil. Esquecemento
casual, incompetencia manifesta ou máis ben manipulación descarada? Esta
catastrofe vén a engadirse ao holocausto que Iberdrola, coa connivencia da
Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente está a perpetrar no Sil.
DÉFICIT NA PREVENCIÓN E SUPRESIÓN DO VOLUNTARIADO
A veciñanza afectada de Lobios teno ben claro: a utilización de maquinaria
pesada para abrir cortalumes debería ser tido feita no inverno e na primavera
cando así llo requiriron aos responsábeis do Parque do Xurés, para que
fixeran tarefas de desbroces de pistas e nos perímetros das aldeas. A
resposta foi que non dispuñan de medios materiais e humanos polas medidas
de recortes orzamentario e austeridade da Xunta.
Súguese apostanto todo á extinción -iso sí, con menos medios, por aquelo da
austeridade- confiando como na era Fraga nunha meteoroloxía propicia, e
esquecendo a prevención. No que non paece ser tan austero Feijóo e na
utilización da censura e a manipulación descarada dos datos: todo polo ben
dos inconscientes hanbitantes do “medio rural”, ao millor estilo dos déspotas
escasamente ilustrados.
Por outra banda, a supresión dos grupos de Voluntariado en Defensa do
Monte, importantísimo elemento de concienciación e disuasión, perpetrada
polos actuais responsábeis de Medio Rural provoca unha sensación de
impunidade e estende o desleixo da poboación cara o andazo dos lumes.
Precisamente o Sr. Feijóo acaba de reclamar a colaboración e implicación da
sociedade galega contra o lume: iso precisamente é no consistía o
voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar.
Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio
e Rodrigo, e solidarizámonos coas súas familias. LUMES, NUNCA MÁIS !!!
Máis información no móbil 629 635 945 (Xan Carlos Fernández, ADEGA-
Ourense)