Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación folclórico cultural A Subela de Foz participou nun festival en Portugal

NOTA DE PRENSA:

Esta fin de semana a Asociación Folclórico-Cultural A Subela desprazouse ao pobo portugués de Vila Nova de Cerveira para participar no XXI FESTIVAL de FOLCLORE DE REBOREDA, que está integrado nas festas de San Roque de Gontixe. Este festival é un dos máis relevantes da rexión miñota do norte de Portugal polo número de participantes -neste festival participan un total de 8 asociacións folclóricas – e pola afluencia de público que logra reunir.
A Subela acudiu a esta cita con todos os grupos cos que conta a asociación -grupo senior, xuvenil e infantil-,sendo esta a primeira vez que o grupo infantil se despraza fora das nosas fronteiras.

A Subela aproveitou a ocasión para facer unha visita ao remozado parque de atraccións de Bracalandia que agora se atopa na vila de Penafiel, perto de Porto, para que os mais novos da asociación puideran disfrutar dun día de festa.

Exit mobile version